Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións

29/11/2017

Premio Literario Nortear



A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal, no marco do Programa Europeo POCTEP, desenvolven  o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a IV edición dun premio literario para novos/as escritores e escritoras de Galicia e do Norte de Portugal.
O premio ten como obxectivos: 
a) Promover a aparición de novos escritores; 
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción; 
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal;
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais;
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras
Participantes
Poden participar as persoas nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
Obra
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.
Premio
O premio terá unha dotación económica de 2.000€ (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte)
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.
Lugar e prazo de entrega
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu
Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata o 30 de abril de 2018 (inclusive)
No sobre farán constar: 
Premio Literario - Nortear
Novos Escritores 
Norte de Portugal – Galicia
Presentación das obras
1. As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf, Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento de datos (pendrive ou similar).
2. As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a autor/a.
3. As obras presentadas teñen que  vir acompañadas dun sobre pechado, identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
a) Identificación do concorrente: nome completo; identificación fiscal; enderezo completo (envío de declaración de enderezo de residencia do participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico,e un teléfono de contacto.
b) Declaración asinada polo/a participante mencionando/a de que a obra presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de todos os dereitos de explotación da obra a concurso, sen excepción, así como de que estes dereitos non se atopan cedidos, baixo ningunha condición, e onde se asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A non inclusión de dita declaración será motivo para que se exclúa automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
c) Autorización asinada para a publicación da obra.
4. Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.
Características dos orixinais
O tipo de letra e as entreliñas utilizadas deben facilitar a lectura aos membros do xurado, polo que o formato das obras a concurso debe seguir as seguintes indicacións:
a) Ser presentadas en texto impreso, en formato A4, paxinado e procesado a espazo 1.5, letra tipo times new roman, tamaño 12.
b) O orixinal debe ter como límite mínimo 5.000 palabras e como máximo 8.000. 
c) Incluír, na portada, o título da obra e o pseudónimo do seu autor.

Máis info. aquí

27/11/2017

Clube de Lectura - Literatos Mortos

Boas compañeiras e compañeiros,

a semana pasada, o Clube de Lectura Literatos Mortos realizaou unha inesperada análise de 3 autores:


Charles Baudelaire, Walt Whitman e Federico García Lorca 


                                     


O Clube de Lectura reunirase este MÉRCORES 29 ás 22 horas.
A temática será don Ramón María del Valle-Inclán e o seu magnífico teatro. 

Agardámosvos a todas e a todos!!

18/11/2017

NOVIDADES! Clube dos Literatos Mortos.

Boas compañeiras e compañeiros,

O luns pasado botou a andar o Clube de Lectura Clube dos Literatos Mortos, cunha asistencia exitosa nas dependencias da Bilioteca do Burgo das Nacións (4º Andar da Fase C).

Plantexadas as dinámicas e intercambiadas as primeiras impresións, quedou encamiñada a vindeira reunión do clube, que NON será en luns, senon o MARTES 21 DE NOVEMBRO ás 22 horas na biblioteca, xa que o día luns teremos nas Catacumbas da residencia a presentación dos proxectos de colaboración, entre cales está o da Biblioteca. Non faltedes!!

Por certo, a temática do vindeiro martes será:

PEDRO SALINAS E A XERACIÓN DO 27


ANIMÁDEVOS a participar!

Cada día somos máis!!


11/11/2017

IV Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero


A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, convoca o IV Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, dirixido a todo o alumnado da USC.


O prazo de presentación remata o 14 de novembro de 2017

ANIMÁDEVOS!!


09/11/2017

CLUBE DOS LITERATOS MORTOS


Boas xente do Burgo,

aquí vos deixamos a creación do Clube de Lectura CLUBE DOS LITERATOS MORTOS. 
A primeira reunión farase o luns 13 de Novembro na Blioteca do Burgo das Nacións, no 4º Andar da  Fase C.

Xa podedes inscribirvos no mail que atoparedes abaixo na descripción. 
Animádevos a participar!