Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Berlín (María Lado)

14 de dec. de 2011

Berlín (María Lado)

Berlín

Título orixinal: Berlín
Autor: María Lado
Xénero: Poesía
Lingua: Galego (RAG)
Licenza: Creative Commons BY-NC-SA
Web Oficial: http://www.aregueifa.net/

SINOPSE:
Ás veces un amante pode ter un ollo de cada cor, como algúns gatos, como David Bowie, ou como o espírito das cidades divididas. Non é estraño, nese caso, que alguén dea en chamarlle Berlín, porque ademais a sonoridade do nome pode traer arrastrado o sabor de certos doces con améndoa e podemos sentilo rebentar na boca en pequenas triscadelas de tenrura. Pouco importa que o escenario do amor sexa a capital contemporánea da nosa poesía. Un amante que ten un ollo de cada cor merece que o seu libro se chame Berlín.

LIGAZÓNS:
Descargar Berlín en .pdf
Descargar Berlín recitado en .mp3