Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: CLARA CAMPOAMOR vs. VICTORIA KENT

21/12/2011

CLARA CAMPOAMOR vs. VICTORIA KENT



DÚAS REPUBLICANAS ENFRONTADAS POLO SUFRAXIO FEMININO

(...)Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar , a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras.
("El voto femenino y yo". Editorial Horas.Madrid, 2006, p. 107)


A primeira: unha muller republicana; avogada e inimiga do réxime de Primo de Rivera. A segunda: Directora xeral de prisións, tamén republicana. Ambas crían na frase de Clara Campoamor: “República, república siempre, la forma de gobierno más conforme con la evolución natural de los pueblos.”

O que a priori podería ser a historia de dúas mulleres que loitan xuntas por un ideal político convertiuse nun duro enfrontamento pola consecución do sufraxio femenino. Kent posicionouse en contra de outorgar de xeito inmediato o voto ás mulleres, xa que consideraba que estas, condicionadas pola influencia da igrexa e faltas de preparación social e política, optarían por un voto conservador. Campoamor, pola súa banda, foi unha grande defensora da igualdade de dereitos da muller. Ambas representantes nas Cortes da Segunda República sostiveron unha grande polémica ao respecto.Foi a considerada nai do movemento feminista, a que logrou os seus obxectivos: o voto femenino nas primeiras eleccións republicanas, así como a primeira lei do divorcio.