Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: HITLER vs. STALIN

21 de dec. de 2011

HITLER vs. STALIN

ENFRONTADOS POLA HEXEMONÍA EN OCCIDENTE

Os dous ditarores máis importantes do Século XX compartían unha orixe común. Ambos tiñan un pai violento e os dous se revelaron contra a educación relixiosa. Ademáis estaban fóra, social e nacionalmente, das correntes que predominaban en Rusia e Alemaña por seren de diferentes nacionalidades: Stalin xeorxiano e Hitler Austriaco.

Os seus camiños acabaron discurrindo por camiños ben diferentes:

Stalin afiliouse, con 18 anos, ao movemento socialdemócrata ruso e en 1903 púxose no lado da facción bolxevique baixo o mando de Lenin. Acabou sendo o máximo dirixente da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e do Partido Comunista da Unión Soviética desde mediados dos anos vinte ata a súa morte en 1953.

Hitler, pola súa banda, foi membro do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores, coñecido como o partido nazi. Estableceu un réxime nacionalsocialista en Alemaña entre 1933 e 1945 que se coñeceu como o Terceiro Reich.

Foi, durante o goberno de Stalin cando a Unión Soviética desempeñou un papel fundamental na derrota da Alemaña nazi na Segunda Guerra Mundial. Tras isto chegou a ser considerada unha superpotencia.

Entre ambos suman aproximadamente 40 millóns de vítimas, segundo os historiadores. Aínda que sabemos que eses datos son sempre oscilantes e dependen, en certa medida, da visión do investigador; non deixan de ser sorprendentes e escalofriantes.