Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: NEWTON vs. HOOKE

22 de dec. de 2011

NEWTON vs. HOOKE

ENFRONTADOS POLA GRAVITACIÓN UNIVERSAL

Unha das frases máis coñecidas da historia da Ciencia foi a escrita por Isaac Newton nunha carta a Robert Hooke en 1675: Áchome subido a ombros de xigantes. Ambos estaban enzarzados en polémicas epistolares sobre a gravitación universal. O que posteriormente sería autor dos Principia superaba amplamente a Hooke, que en 1678 proporía a lei inversa do cadrado. A gloria a ollos dos historiadores da ciencia levaríaa Newton, que chegou ata nós como o home que describiu a lei da gravitación universal e estableceu as bases da mecánica clásica.

Trece anos antes de que Isaac Newton enunciara a Lei da Gravitación Universal, Robert Hooke publicou unha obra na que dicía:

“Explicarei un sistema do mundo bastante diferente dos outros sistemas que coñecemos basado nas tres proporcións seguintes:

  1. Todos os corpos posúen unha atracción ou gravitación coa que atraen aos demais corpos que están dentro da esfera da súa actividade ou zona de influencia.
  2. Todos os corpos que marchan en movemento rectilineo continúan movéndose en liña recta ata que outra forza os obriga a describir un círculo, unha elipse ou unha curva completa.
  3. As forzas atractivas son tanto máis potentes canto máis preto estean do centro dos corpos que actúan.

Propoño esta lei que non puiden atopar a quen a quixera buscar

No primeiro suposto cómpre salientar que só os corpos que no seu interior manteñen un resto de masa activa ou masa estelar posúen forza de atracción. Non todos os corpos, como sinalaba Hooke.

Así mesmo, non todos os corpos posúen unha atracción ou gravitación coa que atraen aos demais corpos dentro da súa esfera, senón que son aqueles que teñen un núcleo activo de masa estelar os que son quen de desenvolver campos de gravidade.

O único que lle faltou, pois, foi determinar a Lei da Gravitación Universal, segundo a cal a forza é producida polas propias masas e en razón inversa ao cadrado das súas distancias, descubrimento que si faría Newton.