Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Xerais publica o primeiro ‘Dicionario Xurídico Galego’

13/12/2011

Xerais publica o primeiro ‘Dicionario Xurídico Galego’

Xerais publica o primeiro ‘Dicionario Xurídico Galego’

Edicións Xerais publica o primeiro ‘Dicionario Xurídico Galego’, unha obra que recompila conceptos esenciais do Dereito na lingua propia co obxectivo de avanzar en ao difusión do galego e na calidade lingüística no ámbito da Xustiza.
Presentouse este luns na sede da EGAP, coa participación do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, e outras personalidades da vida política galega.
O dicionario busca facilitar aos profesionais da xustiza o exercicio da súa actividade en galego, ademais de ser de utilidade para calquera persoa interesada en coñecer o significado dos conceptos esenciais do Dereito.
Na obra traballaron máis de 130 profesionais do ámbito da Xustiza e a participación dun equipo de catro lingüistas coordinado polo académico Manuel González.
Agora a pregunta é... Estarán dispostos a empregaren a nosa lingua os profesionais da Xustiza no noso país?