Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Chega #PrazaPública, o novo medio de comunicación galego

01/02/2012

Chega #PrazaPública, o novo medio de comunicación galego

Os medios de comunicación en galego teñen sufrido longos e varios ataques ao longo desta última época, pechando moitas cabeceiras históricas tanto dixitais (Vieiros) como en papel (Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Peneira, A Nosa Terra). Por iso é motivo de celebración ver que nacen novos proxectos, novas ideas, novos medios na nosa lingua.

Hoxe toca presentar Praza Pública, un xornal dixital que naceu hoxe mesmo ás 12 da mañá, chegando a ser Trend Topic no Twitter e verse na necesidade de mudar os servidores polo elevado número de visitas. É un medio que chega con vontade de ficar moito tempo, con anhelo de se converter nun referente para a información do noso país. Desde aquí desexámoslle a mellor das sortes e esperamos que este sexa só o primeiro dunha nova vaga de medios na nosa lingua.

Pódelos encontrar tamén no Twitter (@prazapublica) e no Facebook (facebook.com/prazapublica)

Onde quedamos hoxe? Quedamos nesa Praza!