Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Chega @Dioivo, máis un medio de comunicación galego

01/03/2012

Chega @Dioivo, máis un medio de comunicación galego

Falabamos hai pouco da chegada de Praza Pública, o primeiro medio en galego en aparecer despois da desaparición masiva de moitos medios no noso idioma. Hoxe tócanos alegrarnos con outra iniciativa semellante, mais diferente. Chegou o Dioivo.

A idea do Dioivo xurdiu unha tarde de outubro, do outubro máis caloroso dos últimos anos. As secas e os incendios destruían o noso medio natural ao tempo que os intereses (e desintereses) económicos destruían os nosos medios de comunicación. Aí un grupo de xornalistas deses medios desaparecidos matinaron cal era a solución: Un dioivo. Un torrente de auga que arrefecese as temperaturas, acabase coas secas, apagase os incendios e dese un novo pulo ao noso país. A idea virou realidade onte coa súa estrea. Oxalá o resultado sexa bo e teñamos dioivo para moitos anos.

Pódelos encontrar tamén no Twitter (@dioivo) e no Facebook (facebook.com/dioivogz)