Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Xa dispoñíbel en liña o novo dicionario da RAG

31/03/2012

Xa dispoñíbel en liña o novo dicionario da RAG

A Real Academia Galega, institución que promove unha norma ortográfica para o galego, acaba de sacar á luz na Internet o seu dicionario actualizado. Está totalmente adaptado á normativa vixente desde o 2003 e conta cun total de máis de 50.000 entradas. Como especial novidade, conta coa pronuncia de cada unha das palabras, coa voz do coñecido actor Luís Iglesia (Carmelo Matalobos).

Podes consultalo sempre que queiras na ligazón http://www.realacademiagalega.org/dicionario/ ou desde o teu smartphone co aplicativo DicionarioGalego.

Procura no dicionario desde esta mesma caixa de texto: