Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Portugués para galegos (Ramom Flores)

24/05/2012

Portugués para galegos (Ramom Flores)

Portugués para galegos

Título orixinal: Portugués para galegos
Autor: José Ramom Flores d'as Seixas
Xénero: Lingua
Lingua: Galego (mínimos) e portugués de Portugal
Licenza: © Ramom Flores (Porén, é permitida a súa distribución)
Web Oficial: http://ramonflores.br.tripod.com/

SINOPSE:
O que se pretende neste breve curso é mostrar como superar a barreira constituída por estas diferenzas ortográficas, e aprender a ler o portugués ao xeito galego. E que se quer dicer con "ler portugués ao xeito galego"? Pois nen máis nen menos que lé-lo coa pronúncia galega, sen esforzar-se o mais mínimo en tentar reproducir a pronúncia portuguesa estándar. Descobrirá asi o leitor/a que con pouco esforzo pode ler portugués. Evidentemente achará termos e expresións que descoñece, ou usa con diferentes significados, mais non tantos que impidan normalmente a comprensión do texto. En todo caso a consulta de un dicionário solucionará a maior parte dos atrancos. Probe-se por exemplo co dicionário en liña da Priberam. Dicionário moi útil, que ademais de definir as palabras portuguesas, inclui un corrector ortográfico e un conxugador de verbos.

LIGAZÓNS:
Descargar Portugués para galegos en .pdf
Ler Portugués para galegos en liña