Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Sobre a calidade da nosa lingua (UDC)

14/05/2012

Sobre a calidade da nosa lingua (UDC)

Sobre a calidade da nosa lingua

Título orixinal: Sobre a calidade da nosa lingua
Autor: UDC
Xénero: Lingua
Lingua: Galego (RAG)
Licenza: © Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións. (Porén, é permitida a súa distribución)
Web Oficial: http://www.udc.es/

SINOPSE:
O volume que agora presentamos é o segundo dunha serie que pretende ofrecer un modelo de lingua de calidade para os escritos institucionais. Non se trata dunha gramática nin dun manual de incorreccións máis frecuentes, senón dunha serie de recomendacións que xorden como resultado do traballo que vimos realizando desde abril de 2004 no Servizo de Normalización Lingüística. Partimos, para a súa elaboración, das correccións que se realizaron nesta unidade nos últimos dous anos e procuramos salientar aqueles aspectos máis relevantes e reiterativos nos textos que chegaron a este servizo desde a comunidade universitaria. A selección de contidos non é, pois, aleatoria, senón que responde ao criterio de servir as persoas usuarias do noso servizo e compendiar aquelas cuestións que, desde unha perspectiva gramatical ou léxica, maiores problemas suscitaron e suscitan no emprego cotián da lingua galega.

LIGAZÓNS:
Descargar Sobre a calidade da nosa lingua en .pdf