Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: As formas tradicionais dos días da semana (segunda feira, terza feira...)

15 de maio de 2013

As formas tradicionais dos días da semana (segunda feira, terza feira...)



Título: Recuperemos as nosas formas tradicionais de denominación dos días da semana
Creadores: A Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños
Duración: 10 min
Xénero: Documental
Lingua: Galego

SINOPSE:
Mediante este vídeo a sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños pretende dar a coñecer como as denominacións dos días da semana por "feiras" era moi común na nosa comarca até hai moi pouco tempo, ao igual que no resto do país. Deste xeito animamos á veciñanza bergantiñá e ao conxunto do pobo galego a sermos partes activas do proceso de recuperación das formas tradicionais e xenuínas dos días da semana: "Segunda feira, terza feira, corta/cuarta feira, quinta feira, sexta feira".