Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Bookcrossing

26/11/2013

Bookcrossing

O bookcrossing é unha iniciativa que naceu nos Estados Unidos e que consiste en deixar libros en espazos públicos para que outros podan desfrutar deles.

Dende a biblioteca do Burgo das Nacións queremos poñer en marcha unha iniciativa semellante. Unha das mesas que hai na biblioteca estará reservada para que os que queirades deixedes alí un libro e collades outro dos que alí se atopan. 

Do que se trata aquí é de intercambiar libros. Non fai falla deixar ningún dato persoal, tan só deixar un libro na mesa e coller outro dos que alí se atopen. Unha vez que leades ese libro podedes devolvelo e coller outro novo da mesa ou quedar con el. 




Recordade que cantos máis vos animedes, máis variedade de libros haberá!