Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Os segredos da biblioteca

26 de nov. de 2013

Os segredos da biblioteca


A Biblioteca do Burgo das Nacións xa abriu as súas portas para este curso 2013/2014!

A nosa biblioteca está ateigada de recursos que a maioría descoñecemos e que nos poden ser extremadamente útiles. Na fase C da 4ª planta non só hai literatura, senón que tamén hai publicacións académicas sobre distintos ámbitos e carreiras, música, cómics, revistas, música e tamén películas.

Achégate no seguinte horario e descubre todos os segredos que garda a biblioteca:

Luns, Martes e Mércores de 20 a 21

Xoves de 10.30 a 11.30