Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Novas do 2014

07/01/2014

Novas do 2014

Dende a bolsa de biblioteca tamén queremos desexarvos un feliz aninovo, desexarvos moita sorte cos exames de xaneiro e avanzarvos algunhas actividades que se van a realizar próximamente. 

En primeiro lugar animámovos a apuntarvos ó clube de lectura, é unha mágoa que por non ter xente suficiente non poidamos levar a cabo esta iniciativa. Seguro que coa vosa colaboración pronto poderemos fixar a primeira reunión.

En segundo lugar decir que xa se está a preparar, conxuntamente coa bolsa de sociocultura, a segunda xornada de cine e literatura, que terá lugar cara finais de mes. A obra elixida é The Great Gatsby e trala proxección da película esperamos poder facer un comentario xeral entre todos.

Permanece atentos as redes sociais, porque pronto se anunciarán as bases do primeiro concurso! 

Por certo, qué vos pareceu a árbore de nadal?