Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Concurso de San Valentín

05/02/2014

Concurso de San Valentín

Na entrada principal da residencia hai emprazados uns paneis nos que encontraredes uns poemas ós que lle falta o nome do autor. Se acertades o autor de cada unha das composicións o día de San Valentín recibiredes un bonito agasallo.

Na caixa vermella situada baixo os paneis deberedes introducir un papel onde indiquedes o posible autor de cada poema (referíndovos a cada un segundo o idioma no que estean escritos) e o voso número de habitación. 

Se queredes darlle unha sorpresa a algún dos residentes, podedes deixar a vosa mensaxe na caixa, indicando o número da habitación de destino e o voso propio (ou se preferides podedes evitalo e envialo como anónimo). Os bolseiros encargarémonos de facer chegar as mensaxes!