Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Concurso de lectura dramática

20/03/2014

Concurso de lectura dramática

O  vindeiro xoves 27 de marzo celébrase o día internacional do teatro. Con este motivo, as bolsas de sociocultura e biblioteca organizamos un concurso de lectura dramática. 

As lecturas poderán ser individuais ou colectivas e non deberán exceder os quince minutos por grupo ou persoa. Tedes ata o 27 de marzo para anotarvos, enviando un correo a bibliotecaburgo@gmail.com ou a sociocultura@gmail.com onde indiquedes o voso nome, número de habitación e o fragmento que queredes representar, que pode ser tamén dunha obra propia. Unha vez que coñezamos o número total de participantes estableceremos un día para levar a cabo as lecturas dramáticas e un lugar.

Nos vindeiros días actualizaremos o blogue e subiremos un documento coas bases completas, así coma os premios. Estade atentos!