Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: IV Sesión de Cine e literatura

18 de mar. de 2014

IV Sesión de Cine e literatura

O vindeiro mércores, 26 de Marzo de 2014, terá lugar a IV Sesión de Cine e Literatura. O filme elixido leva o mesmo nome que o libro no que se inspira, Arráncame la vida, da escritora mexicana Ángeles Mastretta. 

Coma as veces anteriores, a proxección terá lugar na sala de cine (fase C do entrechán), as 22:00. Aquí vos deixo o trailer da película para ir abrindo boca!