Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Actividades Entroido

10/02/2015

Actividades Entroido

O Entroido xa está aquí e, por que non unhas cantas actividades? Dende a Bolsa de Internacionalización e Sociocultura-Biblioteca ofrecemos dúas propostas:

1. CONCURSO DE DISFRACES: 


  • Comparte a FOTO do teu disfraz: a máis orixinal, máis terrorífica... 
  • As fotografías deberán estar tomadas na Residencia Universitaria Burgo das Nacións.
  • A participación é tanto individual como colectiva.
  • As fotografías serán publicadas no Facebook da residencia, os "me gusta" de cada fotografía teranse en conta para a votación da fotografía gañadora (pero non será a condición esencial). 
  • Se escollerá a fotografía gañadora atendendo a características como a orixinalidade dos disfraces, a temática, etc.
  • O prazo máximo para enviar as fotografías será ATA O SÁBADO 14 DE FEBREIRO.
  • As fotografías deberán ser enviadas a biblioteca@burgodasnacions.com. En dito email debe constar o nome da persoa participante e o número da súa habitación.
  •  O resultado do concurso farase público o 25 de Febreiro e será anunciado nos distintos taboleiros da residencia, estade atentos! Posteriormente o gañador recibirá o seu premio!

2. ENTROIDO LITERARIO: 

Tes algunha HISOTORIA/CONTO/RELATO/LENDA... relacionada co Entroido que contar (ou incluso inventar) que queiras compartir? Este MÉRCORES 11 vémonos nas catacumbas ás 20:00!


Animádevos a participar e... Pasadeo ben nestas pequenas vacacións!