Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Cre-arte II

1 de feb. de 2015

Cre-arte II

Xaneiro e tanto estudar quedan atrás e nós xa estamos de volta. E coas actividades dos meses anteriores, novas, sorpresas... Se non participaches terás máis oportunidades nestes meses! 

Comezamos esta semana con CRE-ARTE II. A idea do I en decembro era facer pequenos caligramas cos que poder decorar os taboleiros. Agora no II o que imos facer é crear nós pequenas historias que poderemos poñer nos taboleiros. Para iso imos empregar dous métodos. 


O BINOMIO FANTÁSTICO e A ENSALADA DE CONTOS 
(e unha adaptación libre)

O binomio fantástico é sinxelo. Temos que conseguir unhas parellas aleatorias de palabras sen ningunha relación entre elas. Para iso, alguén escribe a primeira que se lle ocorra nunha pizarra/caderno/ordenador... sen que outro a vexa. E xa temos unha palabra. Despois de borrala, o que non a viu, escribe outra. E xa temos a parella. Podemos facer cantas parellas queiramos. Cando xa as teñamos, temos que introducilas nunha historia. A historia terá que ter elementos de varios contos, ós que se lle pode cambiar a estrutura, época, lugar... todo canto se queira con tal de que se recoñeza o conto orixinal.

As historias podemos crealas coma relatos moi breves no momento (50 palabras como máximo) ou nun plazo. Pero para iso é mellor ver cantos somos. Se queres participar, agardámoste o mércores ás 20:00 na biblioteca (4º andar, fase C).