Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Gymkana (literaria)

26/02/2015

Gymkana (literaria)

Démoslle unha volta as gymkanas tradicionais. 

Ímola converter nunha gymkana literaria na que as pistas estean relacionadas con películas, libros, series... Pero non vos preocupedes, que han de ser coñecidas. 

É sinxelo. Cada equipo percorrerá a residencia seguindo as pistas e o primeiro que chegue á pista final terá premio. Pero para iso ten que atopar as pistas anteriores. Cada equipo comezará cunha pista diferente, pero despois todos competirán pola mesma. Por cada pista resolta o equipo consegue unha "peza dun puzzle", que ó final é o que demostrará que vai gañanado. 

E quen chegue primeiro á última terá un premio! 

Anímaste? 

Os equipos poden enviarse xa formados a biblioteca@burgodasnacions.com (máximo de 4 integrantes) ou enviar o teun nome para formar os equipos. O prazo pecha o 2 de marzo. 

A gymkana terá lugar o 5 de marzo na R.U. Burgo das Nacións.