Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: PRESENTACIÓN

8 de nov. de 2015

PRESENTACIÓN


PRESENTACIÓN

Ola!
Presentar unha biblioteca antes de que a xente bote a correr ca lembranza de horas de estudo na conchi e cafés de máquina que pouco ou nada teñen de bo máis que axudarnos a non caer derreados sobre os libros resulta complexo... pero vouno intentar! :D

Chámome Juancar e este curso 2015-2016 vou desempeñar as funcións de bolseiro da nosa biblioteca (sí, temos!) aquí no Burgo. Iso non quere dicir que leve as gafas na punta do nariz, que teña cara de enfurruñado nin que estea a mandar calar todo o tempo (canto mal fan os prexuízos...!), xa que esta tampouco é unha biblioteca convencional. Queredes saber máis?

Resulta que nesta biblioteca non nos agobiamos a estudar apuntes e apuntes, nin nos desesperamos... se non que é un espazo pensado precisamente para rematar o día entre nós todos, cun sorriso e desconectando da anatomía, econometría, lingüística, arqueoloxía II ou calquera cousa que estudemos e nos traia de cabeza!

Déixovos unha lista provisional das actividades que imos levar a cabo este curso, pero estade atent@s!!! Cada certo tempo subirei novas moi interesantes e entretidas, algunhas mesmo con premio para o equipo ou a persoa gañadores!
  • DEBATES
  • XINKANAS LITERARIAS
  • RECITAIS POÉTICO-MUSICAIS
  • CLUBE DE LECTURA
  • TRIVIAL
  • CINE TEMÁTICO
  • BÚSQUEDAS DO TESOURO
Que? Parécevos máis interesante agora non si? Pois tódolos MARTES nas CATACUMBAS de 9:00 a 10:30 iremos alternando DEBATES con RECITAIS e máis sesións do CLUBE DE LECTURA, de tal forma que todos poidamos dar a nosa opinión dos temas que se falen!
Ademais, ao longo do curso ireivos avisando deses xogos que cito arriba, de concursos literarios... etc.
Un saúdo a tod@s os que chegastes  ao final... e tamén aos que quedaron no camiño!
Só me resta darvos a BENVIDA Á BIBLIOTECA!!!!!!!