Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: CLUBE DE LECTURA

05/12/2015

CLUBE DE LECTURA


CLUBE DE LECTURA

Este martes tivemos o primeiro clube de lectura, do que saímos sabendo un pouco máis do xénero policíaco e das grandes novelas que o representan. Vós sabiades que pasou no Orient Express? Ou quen foi Allan Poe? Nós descubrimos isto e moito máis mentres falabamos dos cinco e as súas andanzas por Inglaterra adiante, de Lois Reigosa e toda a trama que rodeu o seu asasinato en "Ollos de auga" de Domingo Villar, ou do coñecido por todos "Plenilunio".


O certo é que foi moi instructivo para todos os que alí estabamos, e tamén aproveitamos para botar unhas risas e desconectar un pouco do estudo, ademais de decidir que o MÉRCORES que vén ás 23:00 nos reuniriamos de novo na SALA de CINE para proxectar "El silencio de los corderos".