Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: DEBATE

14/12/2015

DEBATE

DEBATE
Boas tardes, burgueses!!
A semana pasada, o martes, tivemos a última sesión de debate deste 2015 que se vai, e puxémoslle un enorme broche cunha gran discusión (pacífica, por suposto) acerca do tema secesionista catalá.
Estivo moi interesante e xurdiron argumentos de tódalas posturas e variedades posibles, facendo que de novo tivéramos que zanxar o asunto para poder marchar da sala de cine.
Non obstante, aínda nos quedou tempo para poder comentar un pouco o debate que tivera lugar o día anterior entres as principais catro forzas políticas actuais.
Velaquí vos deixo tamén unha foto do momento.