Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións

11 de feb. de 2016

CINE MÁXICO
 

Boas pottermaníacos/as!
Como puidestes comprobar os que vos achegastes á sala de cine estes luns e martes que veñen de rematar, a peli sorpresa daquel martes 12 que agora se ve tan lonxe non foi outra que "Harry Potter y la Piedra Filosofal"; á que seguiu toda a recua de películas da sala ata rematar onte ca 2ª parte de "Harry Potter y las Reliquias de la Muerte".
Velaquí algunha foto que fomos tomando destas sesións de palomitas, risas, prantos cunha das sagas que nos acompañou dende pequenos, e en memoria do eterno profesor Snape, Alan Rickman.