Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións

15 de feb. de 2016

I CONCURSO LITERATURA
 
Boas, xentiña!
Nesta entrada engádovos as bases do I Concurso de relatos cortos da residencia, así que xa sabedes... ANIMÁDEVOS!
 
1. Poderán participar no concurso tódolos residentes do Burgo das Nacións que así o desexen, ata o día 28 de marzo (inclusive).
2.  Os relatos deben ser orixinais, inéditos e propios do seu autor ou autora, e os mesmos non deben excederse das 3 carillas.
3. Cada autor ou autora poderá enviar ao concurso tan só un relato, de temática libre.
4. O relato debe entregarse a ordenador, letra Times New Roman nº12 e cun interlineado de 1,5.
5. Para participar deberase entregar en recepción, a nome do bolseiro de biblioteca, un sobre sen nada escrito, no que se incluirán o relato (grapado e sen ningunha identificación) e un sobre máis pequeno, no que sí se meterá un papel cos datos do/da participante, ca fin de manter o anonimato ata o momento da decisión do xurado, no que se abrirá o sobre cos datos.
6. Os relatos presentados a concurso, incluíndo ao relato gañador, poderán ser publicados nesta páxina web (http://biblioteca.burgodasnacions.com/), ca fin de que o resto de residentes poida ler os mesmos.
7. Os participantes recoñecen o carácter inapelable da decisión do xurado, que estará composto por membros do consello e da dirección da residencia.
8. A decisión do xurado coñecerase na segunda semana do mes de abril.
9. O premio será único para o gañador ou gañadora, recibindo tódolos participantes un agasallo.