Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións

11/02/2016

O PROMETIDO É DÉBEDA
 
Ola xente!
Xaneiro deixa tras de si o agobio dos exames, as noites sen durmir (polo menos sen durmir diante do flexo...!!) e as cantidades inxentes de café, para dar paso a febreiro (por fin!), e con el veñen dúas sorpresas que vos teño preparadas dende hai tempo... imos aló?
 
A primeira é o I Concurso de Literatura da Bolsa de Biblioteca, de libre participación ata o 28 de marzo para todo residente interesado/a e do que vos falarei na seguinte entrada do blog.
 
A segunda, última pero non por iso menos importante, é o Caderno Viaxeiro, unha iniciativa que busca a participación anónima (ou non) nas actividades da resi... velaquí vos explico:
O conto está en que o domingo á noite vou agochar pola residencia un caderno pequeno co fin de que quen o atope poida escribir/debuxar/garabatear/... crear, en definitiva, o que guste, e volva escondelo onde o atopou para que o resto da xente, que deberá seguir a cadea, se o atopa faga o mesmo. Deste xeito estaremos a crear unha especie de MÁQUINA DO TEMPO, que gardarei na biblioteca para as xeracións vindeiras ;) 
 
Que vos parece? Gústanvos as ideas? Espero que sí!

PD: velaquí unha foto do caderno, a por el!!!!