Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: CHARLA – COLOQUICO COA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

19/11/2016

CHARLA – COLOQUICO COA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES


 25 -N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


MÉRCORES 23 NOVEMBRO
22 HORAS
SALA DE CINA (ENTREPLANTA)

Con motivo do 25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller quixemos dende a bolsa de Biblioteca contar coa participación dun dos colectivos que máis ten loitado pola eliminación das causas de pobreza e da violencia contras as mulleres no noso país. O Vindeiro mércores, ás 22h horas na sala de cine (entreplanta) poderemos contar coa presenza da Marcha Mundial das Mulleres (MMM).

Visita o seu web: www.feminismo.info

Loitemos contra a Violencia Machista. 
Participa e difunde!


Ao voso dispor en:
E-mail: biblioteca@burgodasnacions.com
Facebook: R. U. Burgo das Nacións (Oficial) (só residentes)
Instagram: burgodasnacións

Que é Marcha Mundial das Mulleres?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento internacional de accións feministas que reúne grupos, organizacións de base e mulleres que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os nosos valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social. Os mesmos que se centran na globalización da solidariedade, na igualdade entre mulleres e homes, entre as propias mulleres e entre os pobos; o respecto e recoñecemento da diversidade entre as mulleres; na multiplicidade das nosas estratexias; na valorización do liderado das mulleres, e no fortalecemento de alianzas entre as mulleres e outros movementos sociais progresistas. Segue lendo aquí