Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: CONTRA A SIDA.

28/11/2016

CONTRA A SIDA.

Co gaio do vindeiro 1 de decembro, Día Mundial da Loita contra a SIDA, dende a bolsa de Biblioteca relembraremos o que significou a aparición do VIH entre distintos colectivos, a súa estigmatización e o proceso de loita para normalizar aos doentes da mesma.

A SIDA foi unha enfermidade mediatizada, e coa proxección do filme And the band played on (En el filo de la duda) queremos facer memoria. Este telefilm estadounidense, alen da participación de multitude de celebridades que deseguro coñeceredes, foi unha pequena homenaxe a todos e todas aquelas loitadoras que sufriron nas súas carnes un duro apartheid a todos os niveis da sociedade da época.

Alén disto, a disputa médica pola autoría do descubrimento do propio virus VIH fai a trama aínda máis completa e interesante. A discusións sobre como proceder, os requerimentos epidemiolóxicos, a incerteza e a loita polas reivindicacións sociais fan deste filme un documental verdadeiramente recomendable.

Disfrúteno!