Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: De cara o 25 de Novembro

22/11/2016

De cara o 25 de Novembro

Aquí vos deixo algúns dos exemplares máis prezados da biblioteca en relación con estas xornadas de loita contra a vioencia machista.

O segundo sexo, Simone de Beauvoir.
A historia amósanos á muller permanentemente a tras do home, adumindo o papel de ser dependente, salvo excepcións que non chegan a constituir nunca unha reivindicsción total da muller como ser humano. E porén, a muller é un ser transcendente coma o home; Simone de Beauvoir ofrece no seu libro as razóns desa transcendencia, analiza os motivos da súa frustración, exhortando á muller a asumir finalmente o papel protagonista na vida.

Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao ciborg, Carme Adán.
Neste libro proponse un achegamento ao tema da construcción do coñecemento partindo da perspectiva feminista. O percorrido polas correntes salientábeis da epistemoloxía feminista dá pé á autora a levar a acabo unha reflexión sobre o papel do xénero e a experiencia das mulleres no ámbito da ciencia. Unha obra imprescindíbel, partindo da vinculación entre o coñecemento e a política, para afobdar bos debates actuais da teoría feminista.


E-mail: biblioteca@burgodasnacions.com
FacebookR. U. Burgo das Nacións (Oficial) (só residentes)
Instagramburgodasnacións