Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: A revolta comeza pola Análise

11/12/2016

A revolta comeza pola Análise

A BOLSA DE BIBLIOTECA PRESENTA O EQUIPO DE LECTURA CRÍTICA






 Que imos facer?

  • Trataremos de compartir as múltiples capacidades e saberes que se dan entre os membros da comunidade universitaria intentando crear sinerxismos que melloren a nosa formación. Pola presente queremos crear un Espazo de lectura e análise crítico onde TODO e dicimos ben, todo ten cabida.
  • Dende o máis raro e efémero libro, até o que xamais pensaras que se podería crear debate. Dende as obras que transformaron o mundo até o conto máis inofensivo na literatura de calquera parte do mundo.
Ciencia política, ensaio filosófico, narrativa inglesa, poesía gaelga, cine, pintura, marxismo, feminismo, Suso de Toro, o cubismo, Afremov, Liria e o populismo, Unamuno, Otero Pedraio, Picasso, Castelao, Martinet, Pier Paolo Pasolini, Owen Jones, Neruda, Alberti, Whitman, Cuevillas, Camus, Lenin, Saussure, Pla, Beiras, Tarantino, Santos Juliá, Gramsci, Amado Carballo... 

Todo ten cabida. TODO! 

Como vai ser a dinámica?

  • Consensuaremos, entre as múltiples opcións e propostas, unha lectura. Tras un periodo cauteloso, reunirémonos e analizaremos todos os aspectos que esa obra nos depara. E definindo a seguinte ruta, perpetuando así un círculo vicioso de reiprocidade no coñecemento.
Cando comeza e como podo participar?

  • Podes anotarte dende xa no mail biblioteca@burgodasnacions.com.
  • Nome, apelidos e de asunto "Equipa de Lectura"
  • Comezamos tra-los exames de xaneiro!

----------------------------------------------------------------------------------------

E-mail: biblioteca@burgodasnacions.com
 
FacebookR. U. Burgo das Nacións (Oficial) (só residentes)
Instagramburgodasnacións