Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Biblioteca | Burgo das Nacións: Recomendación para esta semana

6 de dec. de 2016

Recomendación para esta semana

No día da "Constitución española" cabe, máis que nunca, espallar o bo desta humilde biblioteca.

Son múlples os recursos dos que dispoñemos, mais tamén comezo a pensar que son inigualables.

Eis o caso do Atraso económico de Galicia un libro editado aló polos comezos do 70, onde Xosé Manuel Beiras nos explica con maestría os porqués políticos do atraso vivido. Este estudo, imprescindible en calquera crítica e explicación do sistema político-económico actual, é un libro que na actualidade se atopa descatalogado e atopalo en bibliotecas é a única maneira de acceder a el. Na Biblioteca do Burgo tédelo a man.

Tamén o Sempre en Galiza, do noso xa eterno Castelao. Obra insigne e referencial onde as haxa. Dende a conciencia de país, Castelao relata as andainas vividas e sentidas nos galegos e galegas da época, o que foi para Galicia a segunda República española e como se nos intentou marxinalizar na creación dos estatutos para as nacións históricas do estado. Tamén unha opción moi recomendable para estas datas.

E por suposto un clásico, don Otero Pedraio. Coa súa prosa o noso Nóbel xa eterno relata con carácter etnográfico os porqués da nosa forma de ser, as orixes e os legados que o pobo galego deixa ao mundo. O de Trasalba ten un lugar destacado na nosa Biblioteca: o seu Historia de Galiza está á vosa disposición nos nosos andeis.

E infinidade máis.

Pasádevos, ou consultade sen compromiso no biblioteca@burgodasnacions.com

Avante!